menu

_

Visitas

jueves, 10 de mayo de 2012

Gadisa


Gadisa leva as letras galegas a dous millóns de bolsas que repartirá nos supermercados


Os supermercados da firma agasallarán os seus clientes coa novela «Formigas», de Tucho Calvo

Dous millóns de bolsas coas palabras de Valentín Paz Andrade e unha novela de terror son algunhas das iniciativas que Gadis desenvolverá estes días arredor da celebración do Día das Letras Galegas.
«A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser non percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño». Esta frase poderán lela os clientes de Gadis nas bolsas da compra durante estes días.
«Formigas»
A outra iniciativa relacionada coas letras é a publicación da última novela de Tucho Calvo, Formigas. Unha historia de terror, ambientada en Galicia e que será entregada aos clientes dos establecementos da firma en toda Galicia o vindeiro día 16 ata que se esgoten os 30.000 exemplares editados. Os clientes recibirán o agasallo do libro independentemente do importe da súa compra. A novela está ilustrada por Juan Carlos Abraldes e ten como punto de partida un parricidio ocorrido a finais dos setenta.
Os responsables da empresa apuntaron que desde o comezo desta iniciativa editorial os seus establecementos repartiran un total de 175.000 exemplares de libros escritos en galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario